martes, 18 de outubro de 2016

Fibra óptica


 
Durante o final do verán e primeiros de outono de 2016 estanse a colocar novos cables de fibra óptica por varias zonas rurais do concello de Ames para substituír os vellos cables de cobre usados por Movistar (Telefónica).
 
Que é a fibra óptica?
A fibra óptica é un material que permite a transmisión a gran velocidade de comunicacións telefónicas, de televisión, de Internet, etc.
 
Quen pode acceder a ela?
Os usuarios de Movistar (Telefónica) e os doutros operadores que usen as súas liñas, unha vez rematadas todas as instalacións, poden solicitar a conexión en calquera oficina destas compañías, por exemplo, onde se recargan os teléfonos móbiles.
 
En que mellora a fibra óptica con respecto ao cable de cobre?
No teléfono, evitaranse as sobrecargas na rede. Na televisión, recibiranse todos os canais contratados sen necesidade de antena parabólica. E, en Internet, poderán chegar moitos máis datos a través da conexión, xa que:
- Na actualidade, a conexión de banda ancha (ADSL) en moitas zonas rurais é só de 1 megabit como máximo.
- Coa fibra óptica, esta conexión pode ir de 30 megabits a 300 megabits, dependendo da modalidade de contrato de cada cliente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario