Ames
é un dos poucos concellos de Galicia cun índice de natalidade
positiva. O feito de que en Ames nazan e vivan moitos nenos e nenas
debería ir acompañado do incremento no número de colexios para
todos os niveis educativos ou, polo menos, de que os existentes
cubran as demandas crecentes de escolarización. Pero non é así: os
centros están masificados e algúns nin sequera poden recibir o
alumnado da contorna, en especial nas primeiras idades, cando máis
falta fai un colexio próximo. É o caso do CEIP de Barouta,
que nos vindeiros tres anos vai deixar de recoller, aínda que lle
corresponte por zona, os escolares que saian da escola infantil de
Covas porque está saturado. E, no sitio de ampliar a súa
capacidade, perden as aulas de informática, de idiomas e mais a sala
de ximnasia para seren usadas con outras finalidades.
Cómpre que a Administración educativa tome conciencia desta necesidade e habilite novas aulas no CEIP de Barouta, non só para que este centro poida recoller todo o alumnado da zona, senón tamén para que aumente a súa capacidade habilitando unha segunda aula de educación primaria recuperando, así mesmo, todos os recursos humanos e materiais que está a perder e, así, ofrecer o mellor servizo educativo posible.
A asociación de nais e pais do CEIP de Barouta anima a todas as persoas a asinar este escrito de apoio á causa exposta no parágrafo anterior. O documento asinado pode deixarse na farmacia de Augapesada.