Quen somos

FEDERAMES é unha federación de asociacións que defende os intereses da veciñanza das zonas rurais de Ames, fomenta a participación cidadá na vida pública e o asociacionismo e coordina actividades no ámbito deste concello.

FEDERAMES nace porque a xente debe ter voz propia nas institucións para a defensa dos seus intereses e porque debe escoitarse a súa opinión en asuntos de interese xeral.

A Federación de Asociacións do Rural de Ames está constituída polas seguintes asociacións fundadoras: Pedra do Fuso (Ames), O Corpiño (Ames), Monte do Crego (Trasmonte), San Pedro de Bugallido, Covas e Paravent (Biduído). Desde o 6 de abril de 2017 forman parte da federación a Asociación de Veciños e Veciñas de Coira e mais a Asociación de Veciños Tras do Río de Tarrío.Tamén poden formar parte dela persoas físicas cuxos intereses coincidan con ela e desexen colaborar nas súas actuacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario