Organización

FEDERAMES é unha organización centrada naqueles ámbitos que inciden na mellora da calidade de vida e da situación persoal dos habitantes das zonas rurais de Ames. Como federación, os principais grupos aos que vai dirixida a nosa actividade son as asociacións e os particulares deste municipio. Para realizar estas funcións, informará e asesorará sobre aspectos de ámbito xeral que afecten os intereses da cidadanía local. Tamén proporá ou desenvolverá iniciativas que axuden a avanzar e mellorar as cousas.

Arestora, estes son os asuntos principais que nos moven:

Transparencia

Máis información, máis comunicación...

Atención veciñal

Achegamento á veciñanza, participación veciñal, coidado dos intereses da xente...

Reparto xusto do que é público

Xestión eficiente, mantemento dos servizos públicos esenciais...

Crecemento sustentable


Urbanismo controlado, mellora da calidade de vida, protección do medio ambiente, coidado da riqueza natural e forestal...

Mellora das infraestruturas


Auga, lixo, luz, transportes...

Impulso empresarial


Empresas, comercios, parques empresariais...

Reforzo do benestar


Emprego, sanidade, vivenda, igualdade, integración, asuntos sociais, muller...

Coidado da xuventude


Educación, deporte, lecer...

Atención á cultura


Potenciación do noso: lingua, turismo, festexos...

Integración parroquial


Planificación, desenvolvemento equilibrado, participación das agrupacións veciñais e sociais, integración do medio rural e urbano....

Ningún comentario:

Publicar un comentario