A teoría
‘Participar’ significa tomar parte en algo. A cidadanía pode
participar de moitos xeitos, de forma individual ou colectiva, nas institucións
públicas. Centrándonos nas entidades que forman parte da Administración local,
os concellos deberán establecer, mediante regulamento,
procedementos e órganos adecuados para a participación dos veciños nos asuntos
da vida pública local. A veciñanza pode exercer a iniciativa popular se vai apoiada polo dez por cento das persoas
con dereito a sufraxio en concellos coma Ames. Os municipios poderán someter a consulta popular aqueles asuntos de competencia
propia municipal e de carácter local que sexan de especial relevancia para os
intereses dos veciños. Ademais deberán impulsar a utilización interactiva das tecnoloxías
da información e a comunicación para
facilitar a participación e a comunicación coa cidadanía, así como favorecer o desenvolvemento das asociacións
facilitándolles o uso dos medios públicos e o acceso ás axudas económicas para
a realización das súas actividades. Isto é o que din a lei reguladora das bases
de réxime local e mais a lei de medidas para a modernización do goberno local.
A realidade adoita ir por outro lado.
A realidade
Sen un regulamento de participación cidadá no ámbito local,
de que maneiras podemos participar? A verdade é que se poden abrir algúns camiños, máis ben poucos: apenas, ser oídos perante as oficinas do Concello ou nalgunha xuntanza á que
nos convoquen e agardar que as nosas peticións sexan atendidas case como unha
graza debida. O dereito á participación,
como acabamos de ver, non é unha dádiva: está recollido nas leis. E, como tal,
convértese nunha obriga para as
Administracións locais prestalo nas mellores condicións. Organismos
internacionais, como o Consello de
Europa, publicaron recomendacións acerca da participación da cidadanía na
vida pública local a partir dos principios contidos na Carta europea de autonomía local. Debe garantirse o dereito cidadán
a ter acceso a unha información clara e completa. A maiores, as institucións
locais buscarán novas vías para promover unha cultura da participación
democrática, tendo en conta as diferentes formas de democracia participativa.
Prestarase especial atención aos cidadáns que atopan dificultades para
participar activamente, á xente nova, ás asociacións e grupos de cidadáns e á
presenza equitativa das mulleres.
Accións e medidas de fomento da
participación
O Consello de Europa entende que para fomentar a
participación directa dos cidadáns no proceso de decisión e na xestión
municipal débense seguir os seguintes pasos:1. Promover o diálogo entre os cidadáns e os políticos acerca das diferentes formas de participación mediante cartas de participación da cidadanía, conferencias, seminarios ou a creación dunha web específica.
2. Promover
enquisas e debates para detectar os puntos fortes e febles dos diferentes
instrumentos de participación.
3. Utilizar
plenamente as novas tecnolóxicas, en especial como medios de comunicación; e os
mecanismos de decisión máis contrastados, como asembleas, xurados, foros,
grupos, comités de cidadáns, mesas redondas, sondaxes de opinión, enquisas aos
usuarios, etc.
4. Introducir ou
mellorar as disposicións legais e regulamentarias relativas a peticións,
solicitudes, proposicións e denuncias dos cidadáns; iniciativas populares;
referendos locais; mecanismos para a implicación dos cidadáns nas instancias de
decisión e na xestión; etc.
5. Acrecentar a
influencia dos cidadáns na planificación política intervindo nas diferentes
etapas do proceso de decisión e facilitándolles a documentación adecuada en
cada fase da planificación.
6. Desenvolver os
mecanismos que permitan recoller sistematicamente as reaccións dos cidadáns para
mellorar a xestión administrativa.
7. Facer ver que
a participación directa ten un impacto efectivo no proceso de decisión.
8. Apoiar as
diversas agrupacións mediante programas de subvencións ou outras formas de
apoio.
Como se concretan os dereitos de información
e participación cidadá
Moitas entidades locais recollen nos seus regulamentos
orgánicos municipais ou en regulamentos máis específicos múltiples aspectos de
participación cidadá que son outros tantos compromisos asumidos fronte á
veciñanza. Entre os textos e actuacións máis avanzados, citaremos os de
Esplugues de Llobregat (Barcelona), Quart de Poblet (Valencia), Torrelodones (Madrid)
e Narón (A Coruña), dos que tomamos a
seguinte ducia de dereitos e formas de participación.O dereito á información individual
Os cidadáns teñen dereito a seren informados das actividades municipais, a accederen aos arquivos e rexistros públicos e a consultaren as actas e os documentos dos organismos municipais, xa sexa de maneira presencial ou a través da web municipal. Tamén poderán pedir copia dos documentos, de acordo co que establece a lexislación xeral.
Así mesmo, teñen dereito a acceder á documentación dos expedientes nos que son parte interesada e a estar informados do seu proceso de tramitación.
O dereito de petición
Todos os cidadáns teñen dereito a dirixirse a calquera autoridade ou órgano municipal para pedir información oral ou escrita sobre as actuacións ou actividades do Concello.
A petición poderá cursarse por teléfono a través do Departamento de Información e Atención á Cidadanía, mediante solicitude ao Rexistro Municipal ou por vía telemática á caixa de correo electrónico que se estableza.
Os dereitos de queixa,
reclamación e suxestiónTodos os cidadáns teñen dereito a dirixirse a calquera autoridade ou órgano municipal para pedir información oral ou escrita sobre as actuacións ou actividades do Concello.
A petición poderá cursarse por teléfono a través do Departamento de Información e Atención á Cidadanía, mediante solicitude ao Rexistro Municipal ou por vía telemática á caixa de correo electrónico que se estableza.
Existirá un libro de reclamacións, queixas e suxestións ao
dispor da cidadanía, a cal poderá exercer libremente o dereito a se queixar, reclamar
ou enviar suxestións acerca das actuacións ou do funcionamento dos servizos
municipais.
O Departamento de
Atención á CidadaníaNas dependencias municipais, funcionará un Departamento de Información e Atención Cidadá coas funcións propias de recepción e orientación das persoas que se acheguen ao Concello, de facilitar a cobertura de impresos e escritos, de recepción e xestión de queixas, reclamacións, suxestións e calquera outro escrito presentado a través do rexistro, e mais da xestión de trámites de resolución inmediata.
O Consello Local de
Participación Cidadá
O Consello Local de Participación Cidadá será o órgano de coordinación das entidades cidadás municipais encargado de elaborar o regulamento de participación cidadá, facer propostas sobre as actuacións en materia de participación, previstas ou non no regulamento, controlar o seu cumprimento, tanto os ámbitos funcionais como orzamentarios, e ser oído ante calquera discrepancia, cambio ou reforma en materia de participación. Este órgano tamén será o intermediario entre o Concello e as entidades cidadás programando actividades encamiñadas a fomentar a participación cidadá na vida local e constituíndo no seu seo as comisións de estudo que coide convenientes para levar a cabo os seus fins, en especial os relativos aos orzamentos municipais, ao plan xeral de ordenación urbana e a súa revisión, aos plans sobre saneamento, circulación, vivenda, educación e outros servizos públicos.

A consulta popular
O Concello poderá someter a consulta dos cidadáns os asuntos de competencia municipal que teñan especial importancia para os intereses da poboación, nos termos establecidos na lexislación vixente.
Os proxectos cidadánsO Concello poderá someter a consulta dos cidadáns os asuntos de competencia municipal que teñan especial importancia para os intereses da poboación, nos termos establecidos na lexislación vixente.
Calquera persoa ou colectivo de persoas, a través de entidades e asociacións, poderá presentar un proxecto cidadán a través do consello sectorial que se ocupe do tema. Os proxectos cidadáns son formas de participación a través das cales os cidadáns lle propoñen ao Concello que realice unha determinada actuación ou actividade de competencia municipal de interese público e sen xeración de beneficios, achegando a elas medios económicos, bens, dereitos ou traballo persoal para conseguilo.
A audiencia pública
Os cidadáns teñen dereito de audiencia pública, que consiste en facer sesións específicas abertas a toda a poboación que o desexe, para ser informada e escoitada respecto de temas dentro da competencia municipal.
A participación da
cidadanía e das entidades nos órganos municipais
A cidadanía en xeral e os representantes das entidades sociais poderán formular proposicións ou rogos e preguntas nos plenos municipais, de acordo co que estableza o regulamento de participación cidadá. As entidades inscritas no rexistro municipal de entidades cidadás tamén terán dereito a participar nos órganos dos consellos na proporción e representación que estableza o devandito regulamento.

Os estudos de opinión
O Concello poderá realizar sondaxes e estudos de opinión á poboación con fin de coñecer a súa valoración sobre o funcionamento dos órganos e servizos municipais, sobre cuestións de relevancia, incluídas as relativas as súas necesidades e expectativas da xente con respecto aos servizos públicos. Tamén poderá realizar enquisas ás persoas usuarias da entidade local para recadar a información necesaria que permita mellorar a calidade dos servizos públicos ofrecidos. Estes traballos faranse públicos.

O rexistro de
entidades cidadás
Existirá un rexistro de entidades cidadás, que será público, co fin de que ás entidades e asociacións se lles recoñezan e garantan os seus dereitos incluídos no regulamento de participación cidadá, así como os recollidos na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Só as entidades e asociacións inscritas no rexistro terán os dereitos recoñecidos no citado regulamento, que tamén fixará o procedemento de inscrición.
Fomento do
asociacionismoExistirá un rexistro de entidades cidadás, que será público, co fin de que ás entidades e asociacións se lles recoñezan e garantan os seus dereitos incluídos no regulamento de participación cidadá, así como os recollidos na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Só as entidades e asociacións inscritas no rexistro terán os dereitos recoñecidos no citado regulamento, que tamén fixará o procedemento de inscrición.
O Concello impulsará a presenza e a actividade dun tecido asociativo amplo e dinámico como canle e garantía eficaz de participación que recolla a diversidade e pluralidade do municipio.
Para conseguir que as entidades cidadás poidan acadar as súas funcións, o Concello asegurará programas de formación e asesoramento no marco de programas de traballo das diferentes concellarías, e establecerá un proceso de establecemento de subvencións para as entidades cidadás regulado polas bases de solicitude e outorgamento que aprobe o Pleno en cada momento. Para estes efectos, o Concello garantirá unha partida orzamentaria.
Así mesmo, o Concello porá á disposición das entidades locais debidamente rexistradas un servizo de asesoramento técnico para informar, asesorar e axilizar os trámites burocráticos relativos a toda a tramitación das subvencións que as atinxan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario