venres, 14 de outubro de 2016

Regularización catastral


 
O Catastro está regularizando as vivendas, outras construcións (palletes, adegas, galiñeiros, cenadores, casetas, porches, etc.) e mais as fincas onde están situadas no caso de que se producise algunha obra ou cambio construtivo que non lle fose comunicado ao propio Catastro.


Os sobres que se empezaron a recibir por correo no outono de 2015 conteñen estes documentos:

-Escrito no que se comunica a alteración e se ofrece un código para acceder aos datos do expediente a través de Internet.

-Escrito cos detalles da regularización.

-Folla para pagar a taxa (dúas copias, unha para o banco e outra para o titular).

Que consecuencias ten?

Polo xeral, son dúas as consecuencias:

-Taxa de 60 € para regularizar a nova obra non declarada ao Catastro.

-Nova valoración da finca e mais da vivenda, o cal terá como consecuencia que subirá a contribución a partir de agora. O Catastro tamén expedirá facturas co incremento correspondente aos últimos catro anos.

Que debo facer?

-Pagar a taxa dentro do prazo que indica a folla de pagamento pola parte de atrás.

-Reclamar ao Catastro contra o incremento de valor da vivenda se non se está de acordo con el no prazo de 15 días hábiles desde que se recibiu a carta (non contan domingos, festivos nin tampouco os sábados a partir do 2 de otubro de 2016).

Onde me poden axudar?

Ø  Información sobre os detalles do expediente:

-Teléfono de información do Catastro en Madrid: 902 373635.

-Teléfono do Catastro na Coruña: 981 161372.

-Páxina web do Catastro: www.sedecatastro.gob.es

Ø  Orientación:

-Concello de Ames, Concellaría de Facenda e Concellaría de Urbanismo:  no teléfono 981 883002 e mais en persoa de 9 h a 14 h de luns a venres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario